BLOG

Benvidos ao noso blog. Un espazo onde exploramos os proxectos e valores que nos definen como unha sociedade comprometida co futuro de Galicia, centrándonos en tres áreas fundamentais: a produción de enerxía a partir de fontes renovables, a explotación mineira responsable e o uso sostible dos nosos recursos naturais.

Liderado industrial da eólica galega

Un estudo macroeconómico sobre o impacto do sector eólico en España no 2024, encargado por AEE a Deloitte, destaca que Galicia sendo a comunidade líder en número de centros industriais eólicos en España, cunha sólida rede de fábricas e empresas de servizos que resisten grazas ao mantemento de parques existentes e á actividade internacional. A …

O potencial dos minerais críticos en Galicia

Un recente estudo da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Xunta de Galicia sitúa a nosa comunidade como un territorio clave na subministración europea de minerais críticos. O estudo identifica 18 materiais estratéxicos para a UE, como litio, cobre, wolframio, cobalto ou terras raras, fundamentais para a transición enerxética, a industria tecnolóxica e …

Aforra enerxía e custos: participa na auditoría enerxética para empresas galegas

As empresas galegas ubicadas nun polígono ou nun porto xa poden participar na auditoría enerxética que estamos a levar a cabo, coa colaboración da Xunta de Galicia. A participación é moi sinxela, rápida, intuitiva e de balde. Entrando en rdgdatos.gal accedes ao espazo en liña no que podes achegar os teus datos de consumo e/ou …

Súmate á auditoría enerxética nos polígonos e portos galegos

Seguimos avanzando na auditoría enerxética nos polígonos e portos galegos. Chegou o momento no que calquera empresa galega situada nalgún destes espazos pode sumarse ao proxecto, adxudicado a Ghenova Ingeniería Group. A participación é sinxela, rápida e totalmente dixital: a través dun formulario, tanto en web como en app, cun proceso claro, guiado e cunha …

RDG traballa para facer tanxibles os beneficios para a cidadanía

«Traballamos en Galicia, estudando Galicia e para Galicia. […] Nacemos para converter a riqueza natural de Galicia en riqueza social». Así o salientou esta mañá o noso conselleiro delegado no segundo Foro Empresarial Galicia, organizado por El Economista en Santiago. Emilio Bruquetas explicou tamén o modelo pioneiro de compañía que representa RDG, onde conflúe o …

O mundo enerxético no 2035

Un informe recentemente publicado pola International Energy Agency (IEA) prevé que as renovables seguirán medrando a un ritmo sen precedentes, cun liderado claro da solar e un apoio decisivo da eólica e da hidráulica. Segundo estas proxeccións, o sistema eléctrico global necesitará incorporar solucións de almacenamento moito máis ambiciosas. Os expertos estiman que, para 2035, …

A minería como motor de transición enerxética

O noso director de Minería, Carlos Martinez Torres, participou nunha xornada organizada por Cluergal na que falou sobre a importancia do desenvolvemento de proxectos enerxéticos para a minería. Durante a súa intervención, destacou a necesidade de entender e atender o trinomio recursos-enerxía-sociedade como un eixe clave de progreso. Explicou que, para que o trinomio funcione, …

A minería: un sector imprescindible pero aínda moi descoñecido

Unha enquisa sobre a percepción da minería en España constata que máis da metade dos españois considérana un sector clave. Knauf presenta o estudo “Mitos e realidades da minería” que evidencia a existencia dun gran descoñecemento sobre o impacto desta industria na nosa vida diaria. En Galicia un 55 %  da poboación pensa que hai …

“Verdor cinguido” regresa ás rúas

Este verán volvemos saír á rúa co noso concurso en redes “Verdor cinguido”. Na edición deste 2025 convidamos á cidadanía a compartir connosco o que fai para combater o cambio climático, un reto global no que debe colaborar toda a sociedade. Tamén poden respostar unha pregunta ou continuar unha canción. Nestas semanas estivemos na Coruña …

Unha vía para incrementar a competitividade do noso tecido produtivo

En Galicia contamos cun tecido produtivo “moi dinámico”, que exporta máis que a media, con vontade de mellora continua e “que fai as cousas ben”. A incrementar a súa competitividade contribuirá a auditoría enerxético-ambiental que Recursos de Galicia está a levar a cabo nos portos e polígonos industriais da comunidade autónoma. Así o explicou o …

Impulso a un proxecto estratéxico para a Unión Europea

Nas últimas horas, os medios de comunicación fixéronse eco da entrada de Recursos de Galicia (RDG) no capital da sociedade promotora de Mina Doade, que se chama Recursos Minerais de Galicia. As crónicas contan como Grupo Samca mantén un 90 % da propiedade e RDG faise co 10 % restante achegando 750.000 euros. Esta operación …

Transformar a riqueza natural en riqueza social

“O noso compromiso fundamental é o de crear riqueza social coa riqueza natural e este é un primeiro paso para iso”. Así explica o noso conselleiro delegado, Emilio Bruquetas, que supón para a compañía o acordo alcanzado con Sinia Renovables para adquirir o 100 % do parque eólico promovido por esta en Ribadeo e Trabada, …

Un paso fundamental cara ao abaratamento da enerxía

Un paso fundamental para dotar de enerxía propia á comercializadora de RDG e, desta maneira, poder avanzar cara ao abaratamento da electricidade no territorio, a estabilización de custos para as industrias e a descarbonización da economía. Así ve a prensa o acordo alcanzado por Recursos de Galicia con Sinia Renovables para adquirir o 100 % …

A minería galega, clave para a transición verde

O noso director de Minería, Carlos Martínez, participou no foro La Galicia que viene, organizada por Quincemil. Interviu nun coloquio sobre o potencial mineiro de Galicia moderado por Arturo Criado, subdirector de El Español-Invertia, xunto a José Manuel García, responsable de Aguas Minerais da Cámara Oficial Mineira de Galicia, e Pablo Núñez, director de Relacións …

As solucións que traerá a auditoría enerxético-ambiental

Solucións de autoconsumo renovable que contribúan a evitar consecuencias como as do apagamento do 28 de abril e modelos colaborativos de xeración eléctrica, almacenamento e aforro son algunhas das posibles aplicacións da auditoría enerxético-ambiental que Recursos de Galicia (RDG) levará a cabo, a maior na historia da comunidade autónoma. Así o explica a xornalista Noela …

O bloqueo da eólica, lesivo para o peto dos galegos e para o medio ambiente

“Creo que ninguén dubida que necesitamos unha Galicia máis verde e competitiva, e non a teremos nunca, de ningunha maneira, sen máis enerxía renovable. […] Estamos a traballar arreo para que esa enerxía estea a dispor dos galegos porque cada día que pasa [sen instalar novas renovables] é un día máis que afecta ao peto …

Emilio Bruquetas explica a auditoría enerxética na TVG

O noso conselleiro delegado foi entrevistado por Almudena de Urzáiz no Bos Días, da Televisión de Galicia. Emilio Bruquetas falou da auditoría enerxética que vai levar a cabo Recursos de Galicia nos polígonos e portos galegos durante un ano. Deste xeito, RDG continúa traballando para impulsar a transición enerxética, apostando pola descarbonización, a independencia enerxética …

Blindar os portos e polígonos industriais fronte a novos apagamentos

Blindar dous espazos críticos da nosa economía, os portos e os polígonos industriais, fronte a novos apagamentos na rede eléctrica xeral, pola vía de avanzar en fórmulas de autoconsumo. Ese é un dos obxectivos da maior auditoría enerxético-ambiental na historia de Galicia, que acabamos de poñer en marcha. Levaremos a cabo ese estudo ao longo …

Macrodespensas enerxéticas

As centrais hidroeléctricas reversibles son coma enormes baterías naturais. O seu funcionamento é sinxelo. Con dous encoros a distintas alturas, cando hai un exceso de enerxía, bombéase auga cara o superior. Cando hai falla de electricidade, a auga baixa con forza e temos enerxía limpa dun xeito rápido. Logo do apagamento queda claro que é …

Os efectos do quecemento global persistirán durante séculos

A Organización Meteorolóxica Mundial (OMM) advirte que, cada ano sufrimos veráns máis quentes. O ano pasado foi o ano máis cálido dende que se teñen rexistros. As consecuencias desta realidade son, entre outras, que teremos oceános con máis temperatura, máis desxeo, máis refuxiados climáticos, e veremos o aumento do nivel do mar así como a …

Novo espazo no noso programa de divulgación e transparencia

“Verdor cinguido”, “RDG news”, “Galicia é unha mina”, “O noso equipo”… e agora tamén, “Ti preguntas, RDG responde”. Estreamos en redes sociais un novo espazo -o quinto xa- dentro do noso programa de divulgación e transparencia. En diante, a través de Instagram e Tik Tok daremos contestación a cuestións, algunhas que xa nos foron expostas …

A ONU reclama máis plans climáticos

A Organización das Nacións Unidas (ONU) reclama, a través de seu secretario xeral, o despregamento de máis enerxía renovable para facer fronte ao quecemento do planeta. Nunha información de El País destácase o crecemento deste tipo de enerxías xa que en 2024 instaláronse un 15 % máis de eólica, hidráulica e fotovoltaica a nivel global. …

A minería galega, clave na transición enerxética europea

A Comisión Europea vén de anunciar os 47 proxectos estratéxicos chamados a facilitar o subministro de materias primas críticas en Europa. E Galicia está nesta selección! A mina de Doade é unha das iniciativas escollidas, un exemplo de como se pode liderar dende aquí unha extracción sustentable de minerais esenciais para unha industria europea de …

Minerais críticos en Galicia para unha autonomía europea

O director de Minería de RDG, Carlos Martínez, participou nunha xornada organizada pola Cámara Oficial Mineira de Galicia na que se analizou o papel clave de Galicia na autonomía europea de minerais. Durante a súa intervención, na mesa sobre os minerais críticos en Galicia, falou do Regulamento de Materias Primas Fundamentais da UE e dos …

Galicia é unha potencia mineira

Galicia é unha mina. Así se desprende do datos da Estatística Mineira de España, publicada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica. Este informe sitúa a Galicia como a segunda comunidade con maior número de postos de traballo directo en torno á minería, só por detrás de Andalucía. Trátase dun sector que emprega a case 4.000 …

Pacto por unha Industria Limpa na UE

A Comisión Europea presenta o Pacto por unha Industria Limpa co obxectivo de garantir o futuro da industria manufactureira en Europa mediante a descarbonización. Para conseguilo, anuncia a mobilización de 100.000 millóns de euros en financiamento verde a través da creación dun Banco de Descarbonización Industrial, ademais dun Centro de Materias Primas Fundamentais da Unión …

“O noso equipo”

Temos nova sección nas nosas redes sociais. O noso equipo é o espazo virtual no que iremos poñéndolle cara ás persoas que traballan nos distintos departamentos de Recursos de Galicia. De xeito persoal, cada un deles, fálannos sobre a súa experiencia profesional e sobre a motivación para incorporarse a este proxecto. Nas tres primeiras entregas …

Minería sostible

O noso director de Minería, Carlos Martínez, protagoniza a entrevista deste domingo na Radio Galega. Durante a conversa con Xosé Valiñas explica que Galicia “é líder na produción de lousa de granito pero tamén en minerais como o cuarzo ou o silicio metalúrxico” necesarios para a industria tecnolóxica e a transición enerxética. Martínez recalca que …

Galicia, líder en recursos minerais

“Os galegos teñen que percibir o beneficio de ter unha mina cerca”. Así o explica o noso director de Minería, Carlos Martínez, nunha entrevista en La Voz de Galicia. Na conversa con Beatriz García explicou que a súa misión neste primeiro ano de funcionamento de Recursos de Galicia é “avaliar todos os proxectos mineiros que …

Galicia é unha mina

Cales son as materias primas críticas coas que contamos en Galicia? Sabes para que  empregamos o litio, o cobre ou o wolframio no noso día a día? Que relación teñen as minas coa transición ecolóxica? Estas son algunhas das preguntas ás que queremos dar resposta en Recursos de Galicia. Recentemente estreamos nos nosos perfís de …

Pasar de importar a exportar enerxía

A oportunidade que ten Galicia neste momento é pasar de importar a exportar enerxía. Así o explicou o noso conselleiro delegado na mesa de diálogo titulada “O equilibrio entre enerxía e territorio”, dentro do I Foro “A enerxía que vén” organizada por Economía Digital. Bruquetas destacou “o momento importante que vivimos, un momento de transición, …

Emilio Bruquetas participa no foro “La energía que viene”

Hoxe participamos no primeiro foro “La energía que viene”, de Economía Digital. O noso conselleiro delegado, Emilio Bruquetas, falou do necesario equilibrio entre enerxía e territorio nunha mesa moderada pola xornalista Cristina Díaz, con María Bastida, profesora da USC, e con José Carballo, presidente da Fundación Arume e da asociación Monte Industria. Bruquetas indicou que …

Ciclos verdes para un futuro sostible

O Observatorio da FP en España identifica os 60 ciclos de formación profesional que impulsarán a sostibilidade. No estudo explícase que hai 22 ciclos de grao medio e 38 de grao superior vinculados a ocupacións verdes. Estes estudos están relacionados coa mellora da eficiencia dos recursos e a enerxía, a redución de emisións de carbono …

Esta vez si!

Moitos lemos con atención o informe de Mario Draghi para o impulso da economía europea a través da innovación, a descarbonización e a competitividade. Como galego que son, sinto orgullo ao proclamar que —esta vez si— contamos na nosa terra coas condicións óptimas para poñer en marcha moitas das medidas que Europa pretende impulsar para a súa modernización, …

Os efectos do cambio climático sobre a vida

Un estudo do Instituto de Salud Global de Barcelona (ISGlobal) conclúe que máis da metade das mortes relacionadas coa calor en Europa están vinculadas co cambio climático causado polo ser humano. Os datos son alarmantes e seguirán en aumento, advirten os expertos. A calor provocou máis de 68.000 mortes no verán de 2022. Segundo este …

Respaldo masivo dos galegos á estratexia da UE de acelerar as renovables

Acelerar o despregamento das renovables na UE para reforzar a soberanía enerxética do continente e combater o cambio climático reducindo o consumo de fósiles. Iso persegue a Comisión Europea, unha estratexia que cobra especial significado en territorios como Galicia, onde a dependencia enerxética do exterior aínda roza niveis do 70 %. Apoian os galegos este …

Misión: pór os recursos dos galegos ao servizo dos galegos

“A comercializadora de RDG é un instrumento ao servizo da estratexia de Recursos de Galicia, que o que pretende é poñer os recursos dos galegos ao servizo dos galegos”. Así se expresou o noso conselleiro delegado, Emilio Bruquetas, durante unha entrevista con Paula Pájaro emitida por Cope Galicia este luns. “A comercializadora -abundou- o que …

Obxectivo: primeiro trimestre de 2025

Primeiro trimestre de 2025. Esa é a data marcada en vermello no calendario de constitución da futura comercializadora de Recursos de Galicia. Antes de que remate marzo do ano próximo, a compañía debería estar xa operativa. “A partir de aí, dunha maneira escalonada, a medida que vaiamos tendo a disposición maiores volumes de enerxía, irá …

O noso director de Minería, Carlos Martínez, participa na V edición de SPERTUS

O noso director de Minería, Carlos Martínez, participou na V edición de SPERTUS (Seminario Permanente de Transición Enerxética e Competitividade Industrial da Universidade de Santiago de Compostela), onde se profundou na gran relevancia dos recursos naturais neste momento crucial de transición enerxética e de reindustrialización de Europa. Na mesa de debate ‘Retos e oportunidades da …

Por que unha empresa público-privada?

Abaratar a enerxía ás familias, democratizar o acceso empresarial a condicións vantaxosas no recibo da luz, poñer os recursos naturais de Galicia ao servizo dos galegos, combater o cambio climático, avanzar en autonomía enerxética, fomentar unha industrialización sostible… Para todo iso, entre outros propósitos, foi creada RDG. Pero, por que unha sociedade público-privada para alcanzar …

“É xusto que os veciños dos parques eólicos se beneficien desa convivencia”

“É xusto que os veciños dos parques eólicos se beneficien desa convivencia”, defende o conselleiro delegado de Recursos de Galicia, Emilio Bruquetas. Por iso a futura comercializadora de RDG proxecta ofrecer descontos do 50 % sobre o prezo medio de mercado da enerxía a quen resida nas contornas das infraestruturas de xeración de electricidade verde …

Enerxía a metade de prezo e democratización dos PPA

Mentras avanza a redacción do plan estratéxico e a definición da política comercial, xa se coñecen novos detalles sobre como funcionará a nosa filial RDG Comercializadora Galega de Enerxía. Onte quedaron claras tres vías de traballo: circunscribir a actividade a Galicia exclusivamente, reducir un 50 % sobre o prezo de mercado o custe da enerxía …

A comercializadora de enerxía dos galegos

Recursos de Galicia (RDG) dá un novo paso no despregamento do seu plan estratéxico: constituirá unha comercializadora para abaratar e descarbonizar o consumo de enerxía. En liña co espírito da futura lei galega de recursos naturais, o ámbito de actuación desta sociedade circunscribirase á comunidade autónoma e poderá comezar a operar a principios de 2025. …

Enerxía máis barata e máis verde nos portos e polígonos

“Os nosos recursos, ao noso servizo” é o lema de RDG e tamén a filosofía que subxace nos seus proxectos. O último deles, a maior auditoría enerxético-ambiental na historia da nosa comunidade autónoma, que impulsaremos en colaboración coa Xunta de Galicia. Esencialmente, ese estudo ha de servir para que os nosos portos e polígonos industriais …

Como as renovables abaratan a luz

Un informe do Banco de España prognostica unha baixada do prezo da luz do 50 % no 2030 grazas ás enerxías renovables. O artigo indica que o peso actual da eólica e da solar provocaron que o prezo da electricidade na primeira metade do 2024 fora ata un 40 % inferior do que se viña …

Unha Galicia verde e á vangarda da industria sostible

Como ve RDG a Galicia do futuro? Acábao de esbozar o noso conselleiro delegado nunha conversa coa xornalista Noela Vázquez publicada polo diario ABC. “Nós traballamos por unha Galicia verde, que estea á vangarda do coidado ambiental e á vangarda da industria sostible. E porque se faga ben, e se faga con capacidade. Como vemos …

Os medios recollen a maior auditoría enerxético-ambiental

Afrontamos o reto de levar a cabo a maior auditoría enerxético-ambiental na historia de Galicia co fin de abaratar, reducir e descarbonizar os consumos enerxéticos dos usuarios dos polígonos industriais e portos galegos. Grazas a ese estudo, coñeceremos os recursos naturais dispoñibles, as infraestruturas existentes, as necesidades loxísticas, a demanda de potencia e o marco …

“Para que siga habendo vida no mar temos que instalar eólica offshore e desprazar os combustibles fósiles”

“Estamos ou non estamos nunha crise climática? Se temos esa emerxencia climática, temos que tomar medidas para abordala. Para que siga habendo vida no mar tamén hai que instalar eólica no mar, porque, se non, acabaremos cunha temperatura da auga maior que a que permite a vida das especies que se pescan nese mar. Para …

“Verdor cinguido” percorre Galicia este verán

O noso concurso “Verdor cinguido” percorre Galicia este verán. A partir de hoxe, cada entrega semanal desta iniciativa difundirase desde unha localidade diferente, empezando por Ferrol. Logo virán Lugo, Ourense, Vigo, O Grove… E así, nove paradas nas catro provincias ata chegar a setembro. “Verdor cinguido” é un concurso cidadán que estreamos o 13 de …

RDG, onde suman esforzos o mellor do público e o mellor do privado

Baixo o paraugas de RDG o público e o privado suman esforzos, conviven nun modelo de cooperación polo que está a avogar a Comisión Europea para acelerar e robustecer o crecemento. Por unha banda, o accionista maioritario (30 %), a Xunta de Galicia, que é o garante da preservación do interese xeral, e polo outro, …

“Producir enerxía debe repercutir en beneficios para a cidadanía”

Javier Ramos conversou nas páxinas de El Correo Gallego co noso conselleiro delegado sobre a necesidade de que a posta en valor dos recursos naturais se traduza en vantaxes claramente perceptibles para as persoas e o territorio. “Producir enerxía debe repercutir en beneficios para a cidadanía”, asegura Emilio Bruquetas. “Un dos obxectivos fundamentais de RDG …

Entrevista nas cabeceiras de Editorial La Capital

Como Recursos de Galicia abaratará a factura da luz, o seu papel para descarbonizar a economía e vencer a dependencia enerxética, o interese que está a espertar entre operadores do sector e a singularidade do seu modelo son algúns dos asuntos que o noso conselleiro delegado aborda nunha conversa con Eugenio Cobas que hoxe publican …

RDG como ferramenta para xestionar os nosos recursos

“É perentorio virar con máis vehemencia cara ás enerxías renovables e reducir o consumo todo o posible. […] Galicia non é excepción. Que ninguén se engane. Seguimos sendo moi deficitarios en enerxía, porque a maior parte das fontes primarias seguen sendo fósiles. Se queremos producir toda a enerxía que consumimos a partir de renovables dentro …

Os académicos das ciencias económicas coñecen o modelo de RDG

No marco do noso programa de divulgación directa, o conselleiro delegado de RDG reuniuse hoxe en Santiago cos membros da Real Academia Española de Ciencias Económicas e Financeiras. Emilio Bruquetas contextualizou a creación de Recursos de Galicia na necesidade de descarbonizar a economía e gañar autonomía enerxética. “Estamos -argumentou- nun momento de emerxencia climática, ante …

Día Mundial do Medio Ambiente

Entre os nosos principais obxectivos están non só o abaratamento da factura da luz para as familias e as empresas, o avance da nosa comunidade en autonomía enerxética, o impulso do trinomio enerxía-industria-sociedade e a maximización dos beneficios para o territorio e as persoas, senón tamén a descarbonización da economía neste momento de emerxencia climática. …

Verdor cinguido

Que porcentaxe da enerxía primaria en Galicia procede de fontes renovables? A cantas persoas emprega a minería na nosa comunidade autónoma? Cantas emisións de dióxido de carbono evitan anualmente os parques eólicos galegos…? En RDG decidimos saír á rúa para dar resposta a esas e outras preguntas. En definitiva, canto sabemos de recursos naturais? Recentemente …

RDG, facilitador da necesaria transición

No espazo “Herrera en Cope en Galicia”, Paula Pájaro entrevistou esta semana ao noso conselleiro delegado. “Recursos de Galicia é un compañía singular que nace para descarbonizar a economía da comunidade, para avanzar en autonomía enerxética e para poñer a nosa riqueza natural ao servizo das persoas, do territorio e da industria de Galicia”, expuxo …

O primeiro proxecto, nos medios

O noso primeiro acordo para transformar a riqueza natural de Galicia en riqueza social xa é unha realidade. Esta alianza estratéxica con Galenergy permitiranos desenvolver as enerxías limpas, impulsar o autoconsumo verde e abaratar a factura eléctrica a familias e industrias. Abrangue tanto renovables en tramitación como outras de nova promoción, nas que se dará …

O corazón en Galicia, os pés en 2024 e a cabeza en 2050

Recursos de Galicia é un proxecto pioneiro, flexible, inclusivo e de país, concibido para perdurar no tempo, para desenvolver todo tipo de tecnoloxías e para ir sumando pezas a un accionariado “que debe ser o máis representativo posible da sociedade galega”. Así o argumenta o noso conselleiro delegado, Emilio Bruquetas, nunha entrevista de Verónica Nuñez …

Entrevista a Emilio Bruquetas no “Galicia por diante fin de semana”, da Radio Galega

Este sábado Luís Ojea entrevistou no “Galicia por diante fin de semana”, da Radio Galega, ao noso conselleiro delegado. Emilio Bruquetas expuxo como Recursos de Galicia naceu “para transformar a nosa riqueza natural en riqueza social, para poñer o noso vento, a nosa auga, o noso sol e a nosa terra ao servizo dunha Galicia …

Os nosos primeiros pasos para abaratar a enerxía aos galegos

A finais de 2023, a Xunta de Galicia e 32 sociedades privadas que sosteñen máis de 21.000 empregos directos e achegan un 14 % do PIB da comunidade autónoma crearon Recursos de Galicia (RDG). Desde entón, centrámonos fundamentalmente en tres frontes: 1. Dotarnos dun equipo humano que posibilite a consecución dos nosos principios fundacionais. Así, …

Reunión cos membros do grupo empresarial Vicus Gallaecia

Dentro do noso programa de divulgación, ao longo das últimas semanas estamos a desenvolver unha rolda de contactos con actores da sociedade galega: forzas políticas, organizacións sectoriais, sindicatos, promotores, administracións públicas… Sumamos unha trintena de encontros achegando información e escoitando aos nosos interlocutores. Nese marco, hoxe puidemos reunirnos en Vigo cos membros do grupo empresarial …

Entrevista a Emilio Bruquetas en Expansión

Descarbonizar a economía neste momento de emerxencia climática, favorecer prezos enerxéticos competitivos, avanzar en autonomía enerxética e maximizar os beneficios para o territorio e as persoas. Esas son as catro funcións principais de Recursos de Galicia, tal e como explica o noso conselleiro delegado, Emilio Bruquetas, nesta entrevista con Abeta Chas no diario Expansión. Somos …

Entrevista a Emilio Bruquetas en El Economista

Recursos de Galicia é unha compañía mixta, representativa da rica sociedade galega. Cun 30 % do capital, a Xunta é o principal accionista, co que garante a preservación do interese público dentro das dinámicas de mercado. Actualmente, a parte privada está integrada por 32 empresas de toda clase que sosteñen máis de 21.000 empregos directos …

Entrevista a Emilio Bruquetas en Europa Press

“Nos proxectos nos que participemos, imos abaratar a factura da luz aos veciños”, explica o noso conselleiro delegado nesta entrevista en Europa Press. Emilio Bruquetas tamén relata como están sendo estas primeiras semanas de actividade da compañía, unha etapa na que estamos a “sentar as bases” para o cumprimento do noso obxecto social, que abarca …

Entrevista a Emilio Bruquetas en La Voz de Galicia

Nestas primeiras semanas de actividade, a acollida que estamos a ter desborda as expectativas máis optimistas: xa suman 17 as empresas que solicitaron sumarse a Recursos de Galicia, tal como revela o noso conselleiro delegado, Emilio Bruquetas, nesta entrevista con Beatriz García Couce en La Voz de Galicia. Bruquetas explica tamén as catro principais razóns …

Entrevista a Emilio Bruquetas en Economía Digital

Que imos facer no curto e no medio plazo, que inversións priorizaremos, a visión global que temos do sistema enerxético, como estimularemos unha nova maneira de poñer en valor os recursos naturais, como garantiremos a repercusión no territorio e para as persoas, con que criterios seleccionaremos os proxectos da nosa carteira de activos, o rol …

Entrevista a Emilio Bruquetas na TVG

O noso conselleiro delegado foi entrevistado esta mañá por Almudena de Urzáiz no Bos Días, da Televisión de Galicia. Emilio Bruquetas expuxo como Recursos de Galicia pode ser útil para descarbonizar a economía neste momento de emerxencia climática, para avanzar en autonomía enerxética, para favorecer prezos enerxéticos competitivos e para maximizar os beneficios no territorio …

Entrevista a Emilio Bruquetas en Faro de Vigo

“Galicia é rica en recursos naturais. Temos unha gran oportunidade aí, e o seu emprego dunha maneira distinta -que é o que vimos facer- pode repercutir nunha mellora económica clara no territorio. […] Somos unha compañía flexible. O único inamovible é que, se participamos nun proxecto, o promotor debe compartir a nosa visión e encontrar …