Os fogares xa aforran 120 euros ao ano grazas ás renovables

Xuño 25, 2026

As enerxías renovables deixaron de ser só unha ferramenta para reducir emisións. Hoxe son tamén unha das mellores defensas fronte ás subas da enerxía e unha fonte directa de aforro para as familias.

Segundo unha análise do centro de estudos enerxéticos Ember, o crecemento da enerxía solar e eólica en España permitiu que os fogares aforren unha media de 10 euros ao mes na súa factura eléctrica durante a última crise internacional do gas. Isto equivale a uns 120 euros ao ano por vivenda.

Para as economías, é unha evidencia que desvincularse dos combustibles fósiles e manter a aposta polas enerxías renovables supón vantaxes competitivas.

O reto, ao que nos sumamos de maneira decidida desde RDG, é que esa maior produción de enerxía renovable teña efectos positivos no territorio. Traballamos para que a riqueza natural se converta en riqueza social. Un exemplo desta visión é o parque eólico de Mondigo, na Mariña Oriental.

Podes consulta o informe de Ember aquí.