• Post Image

Entrevista a Emilio Bruquetas en El Economista

Febreiro 8, 2024

Recursos de Galicia é unha compañía mixta, representativa da rica sociedade galega. Cun 30 % do capital, a Xunta é o principal accionista, co que garante a preservación do interese público dentro das dinámicas de mercado.

Actualmente, a parte privada está integrada por 32 empresas de toda clase que sosteñen máis de 21.000 empregos directos e achegan anualmente ao PIB da comunidade máis de 10.500 millóns de euros. Porén, nun futuro abriremos o noso capital a máis compañías -17 xa pediron entrar- e directamente a tódolos galegos, para o cal estudaremos a mellor fórmula de participación. Así o anuncia o noso conselleiro delegado, Emilio Bruquetas, nesta entrevista con Rubén Esteller en El Economista.

Nesa conversa, Bruquetas resume a razón de ser de RDG (descarbonizar a economía neste momento de emerxencia climática, incrementar a autonomía enerxética de Galicia, favorecer prezos enerxéticos competitivos e garantir a maior repercusión positiva no territorio e para as persoas) e expón o plan estratéxico para os vindeiros anos. “Se os proxectos están aliñados coa política industrial de Galicia, coa nosa forma de desenvolvemento, poderemos apoialos e participar para transitar con eles no proceso de descarbonización”, explica sobre a flexibilidade que aplicaremos na construción da nosa carteira de activos.