Un paso fundamental cara ao abaratamento da enerxía

Xullo 9, 2025

Un paso fundamental para dotar de enerxía propia á comercializadora de RDG e, desta maneira, poder avanzar cara ao abaratamento da electricidade no territorio, a estabilización de custos para as industrias e a descarbonización da economía. Así ve a prensa o acordo alcanzado por Recursos de Galicia con Sinia Renovables para adquirir o 100 % do parque eólico promovido por esta en Ribadeo e Trabada, concellos ambos da comarca lucense da Mariña Oriental.

En virtude dese pacto, e en función do cumprimento dunha serie de cláusulas, RDG pasará a ser propietaria de 11 muíños que totalizan 49,5 MW de potencia instalada. Está previsto que empecen a xerar de maneira regular antes de que conclúa 2025, cunha produción anual estimada de 131 GWh, equivalentes ao consumo eléctrico duns 38.000 fogares.

Nas últimas horas, os medios de comunicación fixéronse eco da noticia. Aquí algunhas desas publicacións:

Expansión: https://acortar.link/Cnrfx7

El Economista: https://acortar.link/XgLDu8

La Voz de Galicia: https://acortar.link/HwSlJI

Faro de Vigo: https://acortar.link/gMZGHE

Europa Press: https://acortar.link/0yYzIx

Economía Digital: https://acortar.link/tIArsd

El Español: https://acortar.link/pyyt5e

El Periódico de la Energía: https://acortar.link/GV1k7Z

Renewables Now: https://acortar.link/eDxwLt