O noso concurso “Verdor cinguido” percorre Galicia este verán. A partir de hoxe, cada entrega semanal desta iniciativa difundirase desde unha localidade diferente, empezando por Ferrol. Logo virán Lugo, Ourense, Vigo, O Grove… E así, nove paradas nas catro provincias ata chegar a setembro.
“Verdor cinguido” é un concurso cidadán que estreamos o 13 de maio nos nosos perfís de Instagram e TikTok. Busca determinar como de formados estamos os galegos na posta en valor sostible do noso sol, o noso vento, a nosa auga e a nosa terra. As oito primeiras entregas xa están dispoñibles a través de ambas redes sociais.
Que porcentaxe da enerxía primaria en Galicia procede de fontes renovables? A cantas persoas emprega a minería na nosa comunidade autónoma? Cantas emisións de dióxido de carbono evitan anualmente os parques eólicos galegos? Cantas plantas de biometano podería albergar Galicia se aproveitase os seus residuos agrícolas e gandeiros? Para que serve un bombeo hidráulico…? Cada luns engadimos novos episodios para dar resposta a esas e outras preguntas.
En definitiva, trátase de calibrar canto sabemos sobre os nosos recursos naturais. Os participantes que acertan as cuestións formuladas están recibindo como premio as nosas botellas corporativas, elaboradas en aluminio reciclado.
@recursosdegalicia 🧳 Este verano cogemos la maleta. 🏖️ En julio y agosto, nuestro concurso VerdorCinguido visita cada lunes una localidad gallega. 📍 Hoy salimos a la calle en Ferrol. ferrol ferrolmola Galicia preguntasyrespuestas parati verano