Liderado industrial da eólica galega

Xaneiro 13, 2026

Un estudo macroeconómico sobre o impacto do sector eólico en España no 2024, encargado por AEE a Deloitte, destaca que Galicia sendo a comunidade líder en número de centros industriais eólicos en España, cunha sólida rede de fábricas e empresas de servizos que resisten grazas ao mantemento de parques existentes e á actividade internacional. A nosa comunidade tamén ocupa o primeiro posto a nivel nacional en emprego vinculado ao sector.

A eólica galega continúa así a ser unha referencia industrial e un motor de futuro e progreso económico.

Beatriz Couce recolle nas páxinas de La Voz de Galicia información relevante sobre o estudo, xunto con datos sobre os principais centros industriais e declaracións de representantes do sector. Podes consultar a información premendo aquí.