• Post Image

Enerxía máis barata e máis verde nos portos e polígonos

Setembro 23, 2024

“Os nosos recursos, ao noso servizo” é o lema de RDG e tamén a filosofía que subxace nos seus proxectos. O último deles, a maior auditoría enerxético-ambiental na historia da nosa comunidade autónoma, que impulsaremos en colaboración coa Xunta de Galicia.

Esencialmente, ese estudo ha de servir para que os nosos portos e polígonos industriais gañen en eficiencia, sostibilidade e competitividade. Dito de outro modo, ten que valer para consumir menos enerxía, máis barata e máis verde.

Para facelo posible, o pasado xoves firmamos un convenio coa Consellería de Economía e Industria, e coa do Mar. Nos últimos días, os medios de comunicación fixéronse eco da noticia. Velaquí algunhas desas publicacións en aberto:

En La Voz de Galicia: https://acortar.link/yPPZNg
En El Economista: https://acortar.link/JKhnyN
En Faro de Vigo: https://acortar.link/0OYYHI
En Diario de Arousa: https://acortar.link/iDVyFF
En Canal 7: https://acortar.link/eGIfMe
En Energías Renovables: https://acortar.link/zLZDpx