A compañía naceu cun capital social de 15 millóns de euros e compromisos firmes de desembolso por importe doutros 85 nos próximos 5 anos. Está previsto que ata 2027 invista 250 millóns, cunha mobilización potencial arredor dos mil.
Directamente ou a través de sociedades vehiculares, RDG investirá en proxectos que permitirán a Galicia avanzar en descarbonización, soberanía enerxética e aproveitamento equitativo dos seus recursos naturais.
Desde 2024 construirá unha carteira de activos. Favorecerá a súa venda a prezos competitivos, priorizando aqueles clientes situados en radios preto das localizacións dos proxectos, aqueles para os que a electricidade é vital para a súa viabilidade e aqueles que xeran un maior valor engadido bruto en Galicia.
Ademais, Recursos de Galicia estimulará a minería sostible, fixando tamén e aumentando a pegada industrial dos proxectos, tentando así pechar ciclos ata os produtos finais no territorio.
Ao ter a súa sede social en Galicia, RDG tributará na comunidade autónoma, onde tamén xerará emprego e tomará as súas decisións.
Os galegos, inicialmente a través da Xunta de Galicia e nunha fase posterior directamente, poderán obter un retorno económico do seu investimento nesta sociedade.
Empresas moi importantes e transversais que necesitan a enerxía para ser competitivas tamén obterán beneficios e certas garantías de competitividade. Con isto posibilitarase o mantemento e a creación de emprego e, polo tanto, de benestar social.
Na contorna xeográfica dos proxectos favorecerase a contratación local de provedores e traballadores.
Achegaremos unha visión global do sector e aceleraremos o binomio industria-enerxía.
Este modelo de negocio estimulará a fixación no mercado dos máis altos estándares de repercusión no territorio.
Neste apartado da páxina web iremos incluíndo os proxectos que incorporemos á nosa carteira de activos. Está previsto que para 2027 esta última a conformen participacións en: