QUE?


Chegou o momento de aproveitar a nosa riqueza natural e convertela en riqueza social. Con esa filosofía nace Recursos de Galicia (RDG).

Trátase dunha sociedade público-privada pioneira en España que, sen perder a referencia do horizonte da viabilidade, foi creada para garantir a repercusión no territorio do valor xerado polos recursos naturais, a competitividade dos prezos enerxéticos e a descarbonización da economía. En definitiva, persegue que o desenvolvemento enerxético sexa equitativo e redunde no progreso de Galicia e do seu tecido económico ou, dito doutro xeito, que os beneficios do aproveitamento dos nosos recursos naturais queden no territorio. De aí o seu lema: “Os nosos recursos, ao noso servizo”.

logotipo de RDG – Recursos de Galicia

A compañía céntrase fundamentalmente en tres tipos de proxectos:

Proxectos de produción de enerxía a partir de fontes renovables.

Dereitos, concesións e proxectos de explotación mineiros.

Proxectos que requiren a utilización da auga e outros recursos naturais de Galicia.

A sociedade cumprirá a súa función adoptando unha serie de medidas, como:

Apoio comunitario

Procurar o apoio aos proxectos entre os distintos axentes sociais, especialmente entre as comunidades locais nas que se van asentar.

Oportunidades locais

Facilitar a participación das pemes locais nos proxectos, de xeito que poidan aproveitar as oportunidades de negocio que xurdan no desenvolvemento dos mesmos.

Catalizador da lei de recursos

Actuar como un catalizador da aplicación da futura nova lei de recursos naturais, fomentando o desenvolvemento dos proxectos aos que lles é de aplicación e o desenvolvemento de instrumentos e actuacións que sirvan de referencia ao resto de axentes.

Enerxía sostible

Fomentar o autoconsumo con fontes renovables e a eficiencia enerxética no sector produtivo de Galicia.

Implicación local

Promover a participación de operadores locais nas diferentes fases de desenvolvemento dos proxectos, sexa como promotores, como clientes e/ou usuarios, como provedores ou como inversores.