A presente Política de Privacidade describe, de forma clara e comprensible, como a SOCIEDADE PARA O APROVEITAMENTO SOSTIBLE DE RECURSOS NATURAIS DE GALICIA RDG, S.A. (en adiante, Recursos de Galicia (RDG) ou o Responsable), en cumprimento do disposto no Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RGPD) e na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), garante a transparencia no tratamento dos datos e pon á disposición do usuario esta información.
- QUEN É RESPONSABLE DO TRATAMENTO DE DATOS?
Es responsable del tratamiento de los datos personales la empresa SOCIEDADE PARA O APROVEITAMENTO SOSTIBLE DE RECURSOS NATURAIS DE GALICIA RDG, S.A., en adelante Recursos de Galicia (RDG), con NIF A56451016 y domicilio en Rúa Letonia 2 – Edificio Quercus IP, Local A0.1-A0.2, 15707 – Santiago de Compostela (A Coruña).
Para cuestiones relacionadas con protección de datos puede dirigirse a dpd@rdg.galdpd@rdg.gal, también será atendido en la dirección general administracion@rdg.gal
- PARA QUE TRATAMOS OS TEUS DATOS PERSOAIS E POR QUE?
Recursos de Galicia (RDG) trata os datos persoais con finalidades determinadas e lexítimas, e sempre cunha base xurídica adecuada conforme ao artigo 6 do RGPD.
Cando unha persoa usuaria solicita un servizo, realiza unha consulta ou nos propón un proxecto, utilizamos os seus datos para xestionar a petición e responder con eficacia a través dos distintos canais de comunicación empregados pola persoa. Este tratamento de datos baséase no interese lexítimo de Recursos de Galicia (RDG) e, cando corresponde, na execución de medidas contratuais ou precontratuais.
No marco da relación con provedores, tratamos a información necesaria para o alta como provedor e a xestión administrativa e económica. Este tratamento resulta imprescindible para formalizar e executar relacións contratuais ou precontratuais con cada provedor.
Cando unha persoa presenta a súa candidatura a través de “Traballa con nós”, tratamos os datos do currículo e a información proporcionada para integrala na nosa base de datos de candidaturas, valorar o seu perfil e xestionar os procesos de selección. Esta actividade baséase no consentimento da persoa candidata e, durante o desenvolvemento do proceso, na relación precontractual e no interese lexítimo de RDG para cubrir vacantes con perfís axeitados.
Co obxectivo de difundir a actividade corporativa, podemos tratar datos obtidos e que utilizamos en accións comunicativas, realizadas directamente ou a través de terceiros, dando lugar á publicación de noticias, entrevistas, vídeos e outros contidos dixitais. Este tratamento realízase cando contamos co consentimento das persoas afectadas ou cando existe un interese lexítimo proporcionado, sempre respectando os seus dereitos.
A nosa presenza en redes sociais implica tratar os datos que se xeran pola interacción cos perfís oficiais de RDG. Xestionamos mensaxes, comentarios e consultas, e analizamos a actividade para mellorar a comunicación, en base ao consentimento manifestado a través de cada plataforma e ao interese lexítimo de RDG en manter os seus canais informativos.
Recursos de Galicia (RDG) dispón dun canal responsable para comunicar posibles incumprimentos normativos ou do código ético. Cando se utiliza, tratamos os datos necesarios para tramitar a comunicación, investigar os feitos e, no seu caso, adoptar medidas. Este tratamento baséase no cumprimento de obrigas legais e no interese lexítimo da entidade. Pode obter máis información accedendo ao Canal responsable e consultar a política de protección de datos do mesmo.
Durante a navegación polo sitio web utilizamos cookies técnicas e funcionais imprescindibles para o seu correcto funcionamento. Así mesmo, podemos empregar cookies analíticas para medir o rendemento, analizar o tráfico e mellorar a experiencia de uso. Estas últimas só se activan cando a persoa usuaria presta o seu consentimento a través do panel de configuración, salvo supostos nos que proceda o interese lexítimo conforme á normativa aplicable e ao indicado na Política de Cookies.
Para preservar a seguridade da páxina web e dos sistemas, tratamos enderezos IP e outros datos técnicos xerados polo uso do servizo. Estes datos empregánse para detectar accesos non autorizados, previr o fraude, monitorizar a integridade da infraestrutura e xestionar incidentes, con base no interese lexítimo de Recursos de Galicia (RDG) e no cumprimento de obrigas legais de seguridade.
- QUEN PODE ACCEDER AOS TEUS DATOS?
O acceso aos datos persoais limítase ao persoal de Recursos de Galicia (RDG) que, por razón das súas funcións, necesita tratalos para cumprir coas finalidades descritas. Cando sexa necesario recorrer a provedores que prestan servizos de soporte —por exemplo, aloxamento e mantemento web, ferramentas de comunicación, soporte informático, consultoría xurídica ou difusión de vacantes—, os datos poden ser tratados por estas entidades baixo contratos de encargo de tratamento que garantan a confidencialidade e a seguridade. Nos supostos esixidos pola lei, a información poderá facilitarse ás autoridades públicas competentes.
- TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS
Como regra xeral, RDG non transfire datos fóra do Espazo Económico Europeo. Se, de forma excepcional, fose imprescindible realizar unha transferencia internacional para prestar un servizo, aplicarase garantías adecuadas para protexer a información, de conformidade cos artigos 44 e seguintes do RGPD.
- DURANTE CANTO TEMPO CONSERVAMOS OS TEUS DATOS?
Conservamos os datos unicamente o tempo necesario para cumprir a finalidade para a que foron recollidos e, posteriormente, durante os prazos esixidos pola normativa. Finalizados os períodos de conservación, os datos elimínanse ou anonimízanse mediante medidas seguras.
As candidaturas gárdanse ata dous anos desde a súa recepción, salvo que a persoa retire antes o seu consentimento.
Os datos tratados en virtude dunha relación contractual conservaranse durante o período necesario para cumprir dita relación, así como o tempo adicional requirido para satisfacer obrigas legais e mentres poidan derivarse responsabilidades que sexan esixibles.
Os datos procesados sobre a base do interese lexítimo mantéranse ata que a finalidade que motivou o seu tratamento sexa cumprida.
Os datos recollidos e necesarios para a atención das comunicacións realizadas a través do Canal Responsable conservanse de acordo cos prazos alí indicados: 3 meses no caso de que os feitos non foran probados e, no caso contrario, durante o tempo necesario. Consulte máis información na Política de Privacidade do Canal Responsable.
No caso dos rexistros técnicos asociados á seguridade e aos enderezos IP, mantéñense polo período estritamente necesario para a finalidade de seguridade e, en xeral, non máis de doce meses, salvo obrigación superior. As cookies conservanse polos prazos indicados na Política de Cookies.
- DEREITOS DAS PERSOAS
Como persoa titular dos dereitos recoñecidos na normativa de protección de datos, pode:
- Acceder á súa información para coñecer que datos tratamos e en que condicións.
- Rectificar os datos inexactos ou incompletos para que resulten actualizados e veraces.
- Solicitar a supresión dos seus datos cando deixen de ser necesarios, cando retire o consentimento ou cando concorra outra causa legal que o permita; se non é posible eliminalos por esixencias legais, bloquearemos os datos e conservarémolos unicamente para atender responsabilidades.
- Solicitar a limitación do tratamento cando impugne a exactitude dos datos, cando o tratamento sexa ilícito pero prefira que restrinxamos o seu uso en lugar de suprimilos, cando xa non necesitemos os datos pero vostede os precise para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións, ou cando se opuxese ao tratamento e a súa solicitude estea pendente de resolución.
- Opoñerse ao tratamento dos seus datos cando este se basee no interese lexítimo, salvo que existan motivos lexítimos imperiosos ou sexa necesario para a defensa de reclamacións.
- Se o tratamento se realiza por medios automatizados e baséase no seu consentimento ou nun contrato, pode exercer o dereito á portabilidade, que lle permite recibir os datos nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e, cando sexa tecnicamente posible, solicitar a súa transmisión directa a outro responsable.
- Retirar o seu consentimento para aqueles tratamentos que dependan del.
- Presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) se considera que se vulneraron os seus dereitos.
Para exercer estes dereitos, debe enviar unha solicitude acompañada dun documento que acredite a súa identidade a dpd@rdg.gal ou por correo postal á dirección de Recursos de Galicia (RDG) indicada nesta política. Atenderemos a súa petición coa maior dilixencia e dentro dos prazos legais.
- CARÁCTER OBLIGATORIO O FACULTATIVO DA INFORMACIÓN
Algúns campos dos formularios do sitio web poden estar sinalados cun asterisco se resultan necesarios para poder atender a solicitude, salvo nos casos nos que todos os campos sexan obrigatorios, que entón non se marcarán individualmente. Se non se facilitan os datos considerados obrigatorios, é posible que non poidamos proporcionar o servizo solicitado ou responder adecuadamente. A persoa usuaria declara que os datos achegados son exactos e veraces, e comprométese a comunicarnos calquera actualización que resulte necesaria.
- PERFíS E DECISIÓNS AUTOMATIZADAS
Recursos de Galicia (RDG) non adopta decisións baseadas exclusivamente en tratamentos automatizados que produzan efectos xurídicos ou que o afecten significativamente de maneira similar. Se en algún momento fose preciso realizar perfís para mellorar a calidade do servizo, comunicaríase de forma transparente e aplicaríanse medidas para salvagardar os seus dereitos.
- MEDIDAS DE SEGURIDADE
Aplicamos medidas técnicas e organizativas deseñadas para manter a confidencialidade, a integridade e a dispoñibilidade da información. Entre outras, utilizamos controis de acceso, cifrado cando procede, sistemas de prevención e detección de intrusións, políticas internas de seguridade, formación ao persoal e procedementos de xestión de incidentes. Revisamos estas medidas periodicamente para adecualas á evolución tecnolóxica e aos riscos existentes.
- ACTUALIZACIÓN DA POLÍTICA
Recursos de Galicia (RDG) poderá modificar esta política para adaptala a cambios normativos, a criterios das autoridades de control ou a variacións nos tratamentos que realiza.