QUEN?

Recursos de Galicia é unha compañía mixta, representativa da sociedade galega. Esta condición exemplifica a colaboración entre as esferas pública e privada que preconiza a Comisión Europea e robustece a empresa, ao mesmo tempo que lle confire a transversalidade que a converte nun proxecto de país.

Cun 30 % do capital, a Xunta de Galicia é o principal accionista, co que garante a preservación do interese público na sociedade dentro das dinámicas de mercado.

A parte privada está integrada actualmente por 32 empresas de toda clase que sosteñen máis de 21.000 empregos directos e achegan anualmente ao PIB da comunidade máis de 10.500 millóns de euros (14 % do total).

Modelo de transversalidade e compromiso con Galicia, o accionariado compóñeno:

Á composición deste accionariado chegouse a través dun proceso aberto, transparente, público, participativo e homoxéneo de manifestacións de interese. Como condición estableceuse que os centros de decisión das empresas se atopasen en Galicia e que os seus ingresos principais non procedesen do sector enerxético.

O consello de administración de RDG compóñeno 15 profesionais, incluídos o presidente, Manuel Galdo Perez, e o conselleiro delegado, Emilio Bruquetas Serantes. Trátase dun órgano plural e contrastado, con representación independente e de todos os tipos de accionistas.

Manuel Galdo Pérez
Presidente de RDG
Emilio Bruquetas Serantes
Conselleiro delegado de RDG