RDG destaca no MMH 2026 a necesidade dunha minería con retorno social

Outubro 23, 2026

Carlos Martínez, director de Minería de Recursos de Galicia (RDG), participou na sexta edición do Mining & Minerals Hall (MMH), celebrada en Sevilla, para abordar os retos da confianza social na actividade mineira e a importancia de xerar beneficios concretos para os territorios.

Durante as súa intervención, Carlos Martínez destacou que o principal reto para xerar confianza na minería non é tanto técnico como social. Por iso, defendeu a necesidade dun diálogo permanente co territorio dende antes do inicio dos proxectos que debe manterse ata despois do remate das explotacións mineiras.

A participación no MMH 2026 enmárcase no labor de Recursos de Galicia para impulsar o potencial dos recursos naturais galegos con criterios de viabilidade, sustentabilidade e retorno social.

Galicia, que foi a comunidade autónoma convidada nesta edición do encontro, conta con 18 das 34 materias primas críticas incluídas na última listaxe europea, un potencial mineiro que abre oportunidades para contribuír á autonomía estratéxica e ao desenvolvemento económico do territorio.

↑