• Post Image

A comercializadora de enerxía dos galegos

Setembro 30, 2024

Recursos de Galicia (RDG) dá un novo paso no despregamento do seu plan estratéxico: constituirá unha comercializadora para abaratar e descarbonizar o consumo de enerxía. En liña co espírito da futura lei galega de recursos naturais, o ámbito de actuación desta sociedade circunscribirase á comunidade autónoma e poderá comezar a operar a principios de 2025. En paralelo, ultimarase o plan de negocio.

A empresa nacerá como S. A. e denominarase RDG Comercializadora Galega de Enerxía. Priorizará a prestación de servizo a sectores estratéxicos da economía galega e aos veciños das infraestruturas de xeración da enerxía que venda.

Este domingo, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, referiuse á comercializadora de RDG e destacou que venderá enerxía “100 % renovable, por un prezo estable e substancialmente por debaixo de mercado”. Nas últimas horas, os medios de comunicación fixéronse eco da noticia. Velaquí algunhas desas publicacións:

 

La Voz de Galicia: https://acortar.link/E6Lutg

Faro de Vigo: https://acortar.link/NJ1bZ2

El Progreso: https://acortar.link/MnsYNq

La Región: https://acortar.link/tW5sNS

El Economista: https://acortar.link/tvLTgf

ABC: https://acortar.link/GzFheP

El Español: https://acortar.link/1lJHiV

El Debate: https://acortar.link/dgjcde

Europa Press: https://acortar.link/4PS4kB