Súmate á auditoría enerxética nos polígonos e portos galegos

Decembro 9, 2025

Seguimos avanzando na auditoría enerxética nos polígonos e portos galegos. Chegou o momento no que calquera empresa galega situada nalgún destes espazos pode sumarse ao proxecto, adxudicado a Ghenova Ingeniería Group.

A participación é sinxela, rápida e totalmente dixital: a través dun formulario, tanto en web como en app, cun proceso claro, guiado e cunha interface intuitiva. Só tes que achegar os datos enerxéticos, térmicos e de mobilidade da túa actividade para iniciar a análise. A túa empresa recibirá un informe enerxético personalizado.

A auditoría enerxética, impulsada por RDG en colaboración coa Consellería de Economía e Industria, e a Consellería do Mar, é unha iniciativa estratéxica, para acompañar o tecido industrial galego cara a un modelo enerxético máis sostible, competitivo e descarbonizado.

Entra en rdgdatos.gal e súmate ao proxecto.