• Post Image

Os efectos do cambio climático sobre a vida

Outubro 30, 2024

Un estudo do Instituto de Salud Global de Barcelona (ISGlobal) conclúe que máis da metade das mortes relacionadas coa calor en Europa están vinculadas co cambio climático causado polo ser humano. Os datos son alarmantes e seguirán en aumento, advirten os expertos.

A calor provocou máis de 68.000 mortes no verán de 2022. Segundo este informe, as temperaturas en Europa están a aumentar o dobre de rápido que a media mundial. As medidas para vixiar e mitigar esta tendencia e os efectos do cambio climático son urxentes e inaprazables.

Unha tendencia que se aliña cos obxectivos de Recursos de Galicia, que traballa en proxectos que permitan a Galicia avanzar en descarbonización e soberanía enerxética, contribuíndo así a mitigar os efectos do quecemento global.

Máis información: http://bit.ly/4e4JyaJ