• Post Image

Os nosos primeiros pasos para abaratar a enerxía aos galegos

Abril 6, 2024

A finais de 2023, a Xunta de Galicia e 32 sociedades privadas que sosteñen máis de 21.000 empregos directos e achegan un 14 % do PIB da comunidade autónoma crearon Recursos de Galicia (RDG). Desde entón, centrámonos fundamentalmente en tres frontes:

1. Dotarnos dun equipo humano que posibilite a consecución dos nosos principios fundacionais. Así, nas próximas semanas iranse incorporando responsables nas áreas de renovables, minería, mercados enerxéticos e financeira.
2. Contactar con empresas, institucións, dirixentes e outros actores relevantes da sociedade civil galega, para explicarlles o proxecto e solicitar as súas achegas.
3. Iniciar conversacións con operadores enerxéticos e mineiros. Nestes momentos, en virtude deses movementos, mantemos abertas negociacións con 5 compañías. Adicionalmente, con outras 20 establecéronse canles de diálogo.

Coa prioridade de abaratar a enerxía aos galegos, os que se asinen serán acordos que nos permitan afrontar cinco grandes retos:

1. Descarbonizar a economía.
2. Elevar a autonomía enerxética de Galicia.
3. Fomentar prezos competitivos da enerxía.
4. Lograr a maior repercusión de todo iso para o territorio e para as persoas.
5. Estimular o binomio enerxía-industria.

Destes avances fíxose eco esta fin de semana Beatriz García Couce nunha información en La Voz de Galicia.