• Post Image

Galicia, líder en recursos minerais

Xaneiro 17, 2025

“Os galegos teñen que percibir o beneficio de ter unha mina cerca”. Así o explica o noso director de Minería, Carlos Martínez, nunha entrevista en La Voz de Galicia. Na conversa con Beatriz García explicou que a súa misión neste primeiro ano de funcionamento de Recursos de Galicia é “avaliar todos os proxectos mineiros que hai en Galicia”. Destaca que “facemos a análise dende o prisma de RDG, no que primamos moito o aspecto social e ambiental”.

En Galicia dispoñemos de wolframio, estaño, litio, cobre ou niobio e tántalo, minerais que poden axudar a “pasar dunha Galicia fósil a unha verde”. “Os galegos -engade- estamos moi ben posicionados para ser líderes aproveitando os nosos recursos minerais”.

O responsable de minería explica a relevancia da actividade extractiva para pechar a cadea de valor e para o entorno rural: “Podemos pelexar para que veña industria, pero o feito diferencial é que teñamos a a materia prima aquí. Ademais, as minas están no rural, e o rural galego estase baleirando. A minería fixa moita poboación e ten empregos estables. Os proxectos que hai agora en Galicia van desde os 100 empregos directos ata os 500, e os indirectos multiplican por tres esa cifra”.

Podes ler a entrevista completa nesta ligazón:

https://acortar.link/ka0Dvf