• Post Image

Galicia é unha mina

Xaneiro 2, 2025

Cales son as materias primas críticas coas que contamos en Galicia? Sabes para que  empregamos o litio, o cobre ou o wolframio no noso día a día? Que relación teñen as minas coa transición ecolóxica? Estas son algunhas das preguntas ás que queremos dar resposta en Recursos de Galicia.

Recentemente estreamos nos nosos perfís de Instagram e TikTok “Galicia é unha mina”, un espazo de divulgación sobre o potencial mineiro galego  e a importancia estratéxica da minería na nosa comunidade.

As tres primeiras entregas, nas que falamos do litio, do wolframio e do niobio e o do tántalo, xa están dispoñibles a través de ambas redes sociais. Iremos engadindo novos episodios para coñecer máis sobre a minería sostible en Galicia.

@recursosdegalicia