O noso reto é converter os nosos recursos naturais en oportunidades para Galicia

Setembro 9, 2026

O noso conselleiro delegado, Emilio Bruquetas, participou no XI Foro da Enerxía de elEconomista, en Madrid, onde explicou o propósito, a singularidade e o modelo de Recursos de Galicia (RDG).

Un modelo que busca poñer o vento, a auga e os demais recursos naturais de Galicia ao servizo:
→ das persoas
→ do territorio
→ da competitividade da nosa industria
Sempre garantindo a competitividade da compañía.

Proxectos como o parque eólico de Trabada, Ribadeo e Barreiros, coa súa iniciativa de retorno ao territorio Mondigo Beneficia, son xa unha mostra desta forma de entender a enerxía.

A través do plan Mondigo Beneficia bonificamos o 80 % do consumo eléctrico da veciñanza que vive no radio de 1.8 kilómetros do parque. Neste momento xa o solicitaron máis de 450 familias.

E miramos cara a 2030 cunha folla de ruta clara: seguir medrando, diversificando e reforzando a nosa capacidade para avanzar en ámbitos como a eólica e outras tecnoloxías que poñan en valor os nosos recursos naturais, para o que impulsamos unha ampliación de capital. Porque, con maior base social, teremos maior capacidade de investimento.

↑