Máis de 150 fogares xa formalizaron o seu contrato para beneficiarse dos descontos na luz de RDG na Mariña

Outubro 1, 2026
  • O programa impulsado por Recursos de Galicia permitirá que as familias que viven no entorno do parque eólico de Mondigo teñan unha bonificación do 80 % do consumo durante a vida útil da instalación.
  • Ata agora realizáronse máis de 1.325 accións de comunicación e divulgación na zona nun exercicio de transparencia pioneiro no sector Máis Enerxía foi a primeira comercializadora en aceptar adherirse a Mondigo Beneficia por ter a súa orixe en Barreiros e clientes neste concello e tamén nos de Trabada e Ribadeo.
  • RDG espera que pronto se sumen a este plan de rebaixas outras compañías enerxéticas coas que se manteñen contactos.

 

Máis de 150 familias xa teñen formalizado o seu contrato para beneficiarse do desconto na factura da luz impulsado por Recursos de Galicia no entorno do parque eólico de Mondigo, na Mariña.

A comercializadora independente Máis Enerxía, a primeira en aceptar sumarse a este proxecto de RDG para abaratar o recibo da luz, está realizando nestes días, seguindo as indicacións de Recursos de Galicia, a comunicación coas persoas beneficiarias do programa Mondigo Beneficia, a través do que terán unha bonificación do 80 % do seu consumo de enerxía.

Outras comercializadoras teñen solicitado información sobre este programa e a posibilidade de asinar o convenio con RDG para poder ofertar tamén este desconto na zona.

Estas bonificacións serán efectivas durante toda a vida útil do parque eólico e a condición de persoa beneficiaria está recoñecida dende o momento da solicitude.

As persoas que vivannun radio de ata 1,8 quilómetros do parque gozarán de bonificacións do 80 % do seu consumo no recibo da luz. A finais de febreiro, os residentes nesa área de influencia do recinto recibiron unha carta explicativa do mecanismo de acceso aos descontos e, en paralelo, empezou a funcionar unha web (rdgmondigo.gal) para que puidesen tramitar as solicitudes de rebaixa na súa factura. Entre marzo e maio, ademais, RDG habilitou na zona un servizo de atención presencial para que a veciñanza formalizase as súas peticións de axuda.

As persoas que vivan nun radio de ata 1,8 quilómetros do parque gozarán de bonificacións do 80 % do seu consumo no recibo da luz. A finais de febreiro, os residentes nesa área de influencia do recinto recibiron unha carta explicativa do mecanismo de acceso aos descontos e, en paralelo, empezou a funcionar unha web (rdgmondigo.gal) para que puidesen tramitar as solicitudes de rebaixa na súa factura. Entre marzo e maio, ademais, RDG habilitou na zona un servizo de atención presencial para que a veciñanza formalizase as súas peticións de axuda.

Recibíronse 486 por tódalas vías, das cales 42 estaban duplicadas. Das 444 válidas, 342 xa foron aceptadas e outras 20 están pendentes dalgún trámite para a súa acreditación: faltan facturas dos últimos meses por adxuntar, non se especificou o código universal de punto de subministración (CUPS), as vivendas non poden ser xeolocalizadas… As solicitudes restantes (82) foron denegadas inicialmente por corresponderse con fogares situados fóra da área de influencia do parque ou ben por ter sido tramitadas non por particulares, senón por empresas, que gozarán dos seus propios produtos.

Tamén desde febreiro, cando RDG mercou o parque, véñense realizando na zona labores de comunicación, divulgación e asesoramento á veciñanza, un exercicio de transparencia, pioneiro no sector, que acumula 1.325 acccións executadas a día de hoxe: 500 cartas enviadas, 248 asistencias en oficinas locais, 223 chamadas realizadas a veciños, 194 visitas efectivas a fogares, 83 chamadas entrantes atendidas, 54 publicacións en redes sociais, 10 encontros presenciais ou telefónicos con alcaldes, 7 notas de prensa, 5 anuncios en medios locais e 1 web creada.

Diante da confusión xerada por comunicacións alleas a RDG a compañía reitera que a única información veraz sobre o desenvolvemento do programa Mondigo Beneficia é a que se difunde a través das canles oficiais de Recursos de Galicia. As persoas do entorno teñen as liñas de comunicación abertas con RDG, ben a través do teléfono 604 012 723 (de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas) ou escribindo ao correo ola@rdgmondigo.gal.

↑