As solucións que traerá a auditoría enerxético-ambiental

Xuño 3, 2025

Solucións de autoconsumo renovable que contribúan a evitar consecuencias como as do apagamento do 28 de abril e modelos colaborativos de xeración eléctrica, almacenamento e aforro son algunhas das posibles aplicacións da auditoría enerxético-ambiental que Recursos de Galicia (RDG) levará a cabo, a maior na historia da comunidade autónoma. Así o explica a xornalista Noela Vázquez nesta información publicada por ABC.

Co obxectivo de abaratar, reducir, descarbonizar e asegurar os consumos enerxéticos nos portos e polígonos industriais da comunidade autónoma, RDG efectuará un macroestudo que sería “imposible” de abordar sen a colaboración do tecido produtivo e o emprego de ferramentas de intelixencia artificial, como argumenta Emilio Bruquetas nesta reportaxe. O conselleiro delegado da compañía explica os pasos que se darán desde agora ata que conclúan os traballos, dentro de 12 meses.

A auditoría constatará e detallará tamén as carencias da actual rede de transporte de enerxía, que se están convertendo nunha barreira ás veces “case infranqueable” para a implantación de nova industria. Todos os datos recolleranse nunha plataforma dixital de futura creación.

Podes ler aquí o texto completo: ABC (Galicia) – RDG