• Post Image

Como as renovables abaratan a luz

Setembro 6, 2024

Un informe do Banco de España prognostica unha baixada do prezo da luz do 50 % no 2030 grazas ás enerxías renovables.

O artigo indica que o peso actual da eólica e da solar provocaron que o prezo da electricidade na primeira metade do 2024 fora ata un 40 % inferior do que se viña observando sen os investimentos en parques de enerxía verde.

Os datos avalan que, ademais de contribuír á transición climática, as enerxías renovables van ter un papel relevante na redución dos prezos, unha tendencia que xa se percibe e se incrementará a medio e longo prazo.

RDG vén a colaborar de maneira decidida neste obxectivo de abaratar a enerxía e os seus prezos, impulsando o trinomio enerxía-industria-sociedade, e maximizando os beneficios de todo iso para o territorio e as persoas.

Artigo completo: https://acortar.link/Qi4Hbo