• Post Image

Unha Galicia verde e á vangarda da industria sostible

Agosto 7, 2024

Como ve RDG a Galicia do futuro? Acábao de esbozar o noso conselleiro delegado nunha conversa coa xornalista Noela Vázquez publicada polo diario ABC. “Nós traballamos por unha Galicia verde, que estea á vangarda do coidado ambiental e á vangarda da industria sostible. E porque se faga ben, e se faga con capacidade. Como vemos en 2050 a sociedade galega? Vémola como unha sociedade sostible e próspera”, expuxo.

Nesa entrevista, Emilio Bruquetas tamén anuncia para os próximos meses unha comercializadora que abaratará a enerxía ás industrias estratéxicas e ás persoas que vivan nas contornas dos proxectos renovables onde participe RDG. Así mesmo, neste momento de emerxencia climática, aposta por acelerar a adopción de medidas que contribúan a descarbonizar a economía e a vencer a dependencia galega de fontes de enerxía fósiles e foráneas.

Bruquetas, ademais, avoga por adaptarnos ao marco europeo e explorar a obtención sostible de mine-rais críticos, así como por repercutir no territorio e nas persoas a riqueza dos desenvolvementos mineiros. Podes ler a entrevista aquí: https://acortar.link/9uwyGB