• Post Image

“Verdor cinguido” segue de ruta por Galicia

Agosto 28, 2026

O verán en RDG é sinónimo de Verdor cinguido: o noso concurso en redes sociais. Nesta nova edición poñemos a proba os vosos coñecementos sobre enerxía, medio ambiente e, como non, sobre RDG.

Nestas semanas fixemos parada en Boiro, A Pobra do Caramiñal, Pontevedra, Sanxenxo, O Grove e Ribeira. Este ano, o premio para as persoas que acerten é unha neveira portátil!

Aínda nos queda algunha parada máis antes de pechar o noso concurso estival. Síguenos nas redes para non perder as próximas entregas.

 

@recursosdegalicia