Transformar a riqueza natural en riqueza social

Xullo 14, 2025

“O noso compromiso fundamental é o de crear riqueza social coa riqueza natural e este é un primeiro paso para iso”. Así explica o noso conselleiro delegado, Emilio Bruquetas, que supón para a compañía o acordo alcanzado con Sinia Renovables para adquirir o 100 % do parque eólico promovido por esta en Ribadeo e Trabada, concellos ambos da comarca lucense da Mariña Oriental.

En conversación con Beatriz Couce en La Voz de Galicia, Bruquetas fíxase a meta de “trasladar as vantaxes competitivas da enerxía aos galegos e dar estabilidade aos prezos”. “Cando decidimos os investimentos -engade- temos claro que isto é posible”.

Ademais, Bruquetas anticipa novas alianzas: “2025 é un ano de acción para RDG. Isto é unha meta volante e esperamos seguir materializando acordos para continuar poñendo en marcha o noso plan estratéxico e ao final cumprir o noso obxectivo, que é transformar a riqueza natural en riqueza social”.

Podes ler aquí o texto completo: La Voz de Galicia – RDG