• Post Image

Emilio Bruquetas participa no foro “La energía que viene”

Decembro 10, 2024

Hoxe participamos no primeiro foro “La energía que viene”, de Economía Digital. O noso conselleiro delegado, Emilio Bruquetas, falou do necesario equilibrio entre enerxía e territorio nunha mesa moderada pola xornalista Cristina Díaz, con María Bastida, profesora da USC, e con José Carballo, presidente da Fundación Arume e da asociación Monte Industria.

Bruquetas indicou que “temos unha oportunidade histórica de facer as cousas dun xeito distinto no ámbito enerxético, cunha maior repercusión no territorio “. Avogou tamén por incrementar entre as pemes a accesibilidade á enerxía a prezos competitivos.