• Post Image

Novo espazo no noso programa de divulgación e transparencia

Abril 10, 2025

Verdor cinguido, RDG news, Galicia é unha mina, O noso equipo… e agora tamén, “Ti preguntas, RDG responde”. Estreamos en redes sociais un novo espazo -o quinto xa- dentro do noso programa de divulgación e transparencia. En diante, a través de Instagram e Tik Tok daremos contestación a cuestións, algunhas que xa nos foron expostas de diversas maneiras e outras que estamos por recibir.

“Quen está detrás de Recursos de Galicia?”. Na primeira entrega da nova serie respondemos a esa pregunta, nun breve vídeo que xa podes reproducir. A esta seguirán outras cuestións ao longo das próximas semanas; para a súa formulación habilitamos o correo comunicación@rdg.gal.

“Ti preguntas, RDG responde” atende á nosa concepción bidireccional da comunicación corporativa e inspírase en dous dos elementos que forman parte do noso ADN: a transparencia e o propósito divulgativo.

@recursosdegalicia