• Post Image

Reunión cos membros do grupo empresarial Vicus Gallaecia

Febreiro 16, 2024

Dentro do noso programa de divulgación, ao longo das últimas semanas estamos a desenvolver unha rolda de contactos con actores da sociedade galega: forzas políticas, organizacións sectoriais, sindicatos, promotores, administracións públicas… Sumamos unha trintena de encontros achegando información e escoitando aos nosos interlocutores.

Nese marco, hoxe puidemos reunirnos en Vigo cos membros do grupo empresarial Vicus Gallaecia, que conforman José Manuel Fernández-Alvariño, José García Costas, José Enrique Pereira, Víctor do Canto, Francisco Puga, José Luciano Martínez Covelo, Javier Garrido, Horacio Gómez, Pablo Junceda Moreno, Marcos Freire, Sabela Pérez-Torres Calvar, Bartolomé Pidal, Elena Terrón, Isolina Raña Fraga, Daniel Sujo, Gabriela González, Antonio Casal e Foro Fernández.

Como en anteriores encontros, o noso conselleiro delegado, Emilio Bruquetas, expuxo o plan estratéxico de Recursos de Galicia para os próximos anos, así como a nosa visión global do sector. Tamén detallou a nosa razón de ser, que se resume en catro obxectivos prioritarios:

1. Descarbonizar a economía neste momento de emerxencia climática.
2. Favorecer prezos enerxéticos competitivos.
3. Avanzar en autonomía enerxética.
4. Garantir a maior repercusión de todo iso no territorio e as persoas.

En definitiva, resumiu Bruquetas, trátase de facer bo o lema de RDG (“os nosos recursos, ao noso servizo”), á vez que estimulamos o binomio enerxía-industria, o que redunda en emprego e benestar social. Tamén puxo en valor o consenso social que hai tras o proxecto e agradeceu tanto o rol da Xunta de Galicia e o compromiso dos socios con esta terra como a fantástica acollida que nos está brindando a sociedade civil galega. “RDG é o froito dun proceso de escoita social, é tamén outra maneira de dicir “así si”. E iso estámolo percibindo nestes primeiros compases, xeramos ilusión e confianza”, asegurou.