• Post Image

Pacto por unha Industria Limpa na UE

Marzo 4, 2025

A Comisión Europea presenta o Pacto por unha Industria Limpa co obxectivo de garantir o futuro da industria manufactureira en Europa mediante a descarbonización. Para conseguilo, anuncia a mobilización de 100.000 millóns de euros en financiamento verde a través da creación dun Banco de Descarbonización Industrial, ademais dun Centro de Materias Primas Fundamentais da Unión Europea.

Trátase dunha estratexia de apoio decidido ás enerxías limpas e de redución da dependencia dos combustibles fósiles como un elemento diferencial que permitirá mellorar a competitividade da nosa industria.

En Galicia, RDG opera con esa misión: asegurar que o aproveitamento dos recursos naturais xere un retorno para a sociedade e contribúa á descarbonización da nosa economía, mellorando ao mesmo tempo a nosa competitividade.

Máis información neste artigo de Energías Renovables:

https://acortar.link/3Houxl