• Post Image

Entrevista nas cabeceiras de Editorial La Capital

Xuño 11, 2024

Como Recursos de Galicia abaratará a factura da luz, o seu papel para descarbonizar a economía e vencer a dependencia enerxética, o interese que está a espertar entre operadores do sector e a singularidade do seu modelo son algúns dos asuntos que o noso conselleiro delegado aborda nunha conversa con Eugenio Cobas que hoxe publican as cabeceiras xeneralistas de Editorial A Capital: El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños e Diario de Arousa. Nesa entrevista, Emilio Bruquetas avanza que RDG se dotará nos próximos meses dunha comercializadora instrumental.

“Hai ideas preconcibidas en Galicia, como que xa temos enerxía dabondo, e creo que é moi importante desterralas. Porque non temos enerxía dabondo. Seguimos consumindo un 70 % de enerxía fósil e ese 70 % está a ser importada”, lembra Bruquetas, quen pon sobre a mesa a solución ao problema: avanzar no despregamento das fontes renovables. Cualifica tamén de “moi positivo” o balance desde a constitución da compañía e explica que os galegos poderán ser parte directamente do seu accionariado como complemento da participación indirecta que xa atesouran a través da Xunta de Galicia.

“Temos -agrega- toda a experiencia do sector privado, a súa visión e o seu dinamismo, e temos como accionista maioritario á Xunta de Galicia, cuxo fin fundamental é preservar o interese público”. Podes ler aquí toda a entrevista: https://acortar.link/yVl3Iy