O empresariado galego amosa interese no proceso de ampliación de RDG

Xullo 23, 2026

Nos primeiros días, logo do anuncio da ampliación de capital de RDG por parte do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, tres empresas xa amosaron interese no proceso e en formar parte do accionariado da sociedade.

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, xunto co conselleiro delegado de Recursos de Galicia, Emilio Bruquetas, mantiveron unha nova xuntanza coas patronais galegas, logo do encontro cos clústeres, nas que puideron coñecer o proceso de ampliación de capital.

Esta operación busca ampliar a base social e a capacidade investidora de Recursos de Galicia, para que a posta en valor sostible dos nosos recursos naturales teña cada vez un maior retorno social.