• Post Image

Os académicos das ciencias económicas coñecen o modelo de RDG

Xuño 6, 2024

No marco do noso programa de divulgación directa, o conselleiro delegado de RDG reuniuse hoxe en Santiago cos membros da Real Academia Española de Ciencias Económicas e Financeiras. Emilio Bruquetas contextualizou a creación de Recursos de Galicia na necesidade de descarbonizar a economía e gañar autonomía enerxética. “Estamos -argumentou- nun momento de emerxencia climática, ante o cal só cabe un despregamento das fontes limpas, que tamén contribúen a reducir a nosa dependencia do exterior”. Non en balde, lembrou que Galicia é pioneira no uso das renovables, pero tamén que máis do 70 % do seu consumo enerxético actual é fósil e importado. “Se non afrontamos esta realidade, non chegaremos ao 2050 cumprindo os obxectivos de coidado do planeta”, concluíu.

Bruquetas explicou o modelo transversal e inclusivo de RDG, onde conviven a garantía pública de preservación do interese xeral e a axilidade do sector privado. Expuxo tamén outros obxectivos da compañía; entre eles, abaratar a factura da luz a familias e empresas, e maximizar para o territorio e as persoas os beneficios derivados da posta en valor sostible dos nosos recursos naturais.

A presentación ante os académicos realizouna o catedrático de Economía Aplicada Santiago Lago. “RDG é un cambio de paradigma, un modelo que seguramente se vai estudar no resto de España porque é orixinal, rompedor”, aduciu.