• Post Image

Entrevista a Emilio Bruquetas en Europa Press

Xaneiro 20, 2024

“Nos proxectos nos que participemos, imos abaratar a factura da luz aos veciños”, explica o noso conselleiro delegado nesta entrevista en Europa Press.

Emilio Bruquetas tamén relata como están sendo estas primeiras semanas de actividade da compañía, unha etapa na que estamos a “sentar as bases” para o cumprimento do noso obxecto social, que abarca catro grandes bloques: descarbonizar a economía neste momento de emerxencia climática, incrementar a autonomía enerxética de Galicia, favorecer prezos enerxéticos competitivos e garantir a maior repercusión positiva no territorio e para as persoas.

“A creación de Recursos de Galicia -afirma Bruquetas- é un proceso que leva xa máis de ano e medio de traballo e que ten unha parte moi técnica, un proceso experimentado técnico para construír un vehículo destas características a través dunha manifestación de interese, onde participan os socios, pero tamén é froito dun proceso de escoita social. Recursos de Galicia é unha forma de dicir ‘así si’. Eu traballo nun proxecto país”.

Podes ler a entrevista neste enlace.