• Post Image

Entrevista a Emilio Bruquetas en La Voz de Galicia

Xaneiro 14, 2024

Nestas primeiras semanas de actividade, a acollida que estamos a ter desborda as expectativas máis optimistas: xa suman 17 as empresas que solicitaron sumarse a Recursos de Galicia, tal como revela o noso conselleiro delegado, Emilio Bruquetas, nesta entrevista con Beatriz García Couce en La Voz de Galicia.

Bruquetas explica tamén as catro principais razóns de ser da compañía: descarbonizar a economía neste momento de emerxencia climática, favorecer prezos enerxéticos competitivos, avanzar en autonomía enerxética e garantir a máxima repercusión positiva no territorio e nas persoas. “Somos unha ferramenta ao servizo da sociedade galega”, resume.

“Traballo -engade- nun proxecto de país […], é unha fórmula singular, audaz, que vén colaborar con tódolos actores que xa están e aportar dunha maneira moi particular a visión de como deixar no territorio tódalas vantaxes posibles. A futuro será unha fórmula de éxito, sen dúbida”.