• Post Image

Os efectos do quecemento global persistirán durante séculos

Abril 22, 2025

A Organización Meteorolóxica Mundial (OMM) advirte que, cada ano sufrimos veráns máis quentes. O ano pasado foi o ano máis cálido dende que se teñen rexistros.

As consecuencias desta realidade son, entre outras, que teremos oceános con máis temperatura, máis desxeo, máis refuxiados climáticos, e veremos o aumento do nivel do mar así como a acidificación da auga mariña. Estes efectos persistirán durante centos de anos.

Diante desta situación necesítanse medidas urxentes.

RDG nace, precisamente, como unha ferramenta para que Galicia avance con paso firme na transición enerxética. Deste xeito estaremos coidando do planeta para tentar revertir os aciagos efectos do quecemento global.

Máis información neste artigo de La Voz de Galicia: https://acortar.link/1DP3bx