• Post Image

Entrevista a Emilio Bruquetas en Faro de Vigo

Decembro 13, 2023

“Galicia é rica en recursos naturais. Temos unha gran oportunidade aí, e o seu emprego dunha maneira distinta -que é o que vimos facer- pode repercutir nunha mellora económica clara no territorio. […] Somos unha compañía flexible. O único inamovible é que, se participamos nun proxecto, o promotor debe compartir a nosa visión e encontrar a forma de que repercuta na economía galega. […] Nacemos coa vocación de xogar un rol importante no sistema enerxético galego”.

Así se expresa o noso conselleiro delegado, Emilio Bruquetas, nesta entrevista co xefe da sección de Economía de Faro de Vigo, Julio Pérez. Falou deses asuntos, do futuro e de cal foi o camiño para chegar ata aquí: “A compañía vai ter chamadas de capital de maneira regular. Posiblemente a seguinte sexa en 2024. No proceso público de manifestación de interese co que se configurou o capital actual da empresa, todo o que quixo puido participar, se cumpría os requisitos de implantación clara no territorio e de que os seus ingresos non viñesen do sector enerxético”.

Podes ler a entrevista completa, aquí.