• Post Image

Galicia é unha potencia mineira

Marzo 17, 2025

Galicia é unha mina. Así se desprende do datos da Estatística Mineira de España, publicada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica. Este informe sitúa a Galicia como a segunda comunidade con maior número de postos de traballo directo en torno á minería, só por detrás de Andalucía. Trátase dun sector que emprega a case 4.000 persoas.

Galicia conta con 214 explotacións operativas con gran peso dos produtos de canteira e rocas ornamentais e con proxectos en tramitación para o aproveitamento de recursos necesarios para a transición enerxética, segundo publican estes días medios como La Voz de Galicia e Economía Digital.

Queda claro que #Galiciaéunhamina e dende Recursos de Galicia traballamos para que os nosos recursos naturais poidan aproveitarse para ter unha Galicia máis verde, sostible e autosuficiente.

Artigo en La Voz de Galicia: https://acortar.link/3JgeoY

Artigo en Economía Digital: https://acortar.link/PM4oIk