• Post Image

Minerais críticos en Galicia para unha autonomía europea

Marzo 19, 2025

O director de Minería de RDG, Carlos Martínez, participou nunha xornada organizada pola Cámara Oficial Mineira de Galicia na que se analizou o papel clave de Galicia na autonomía europea de minerais.

Durante a súa intervención, na mesa sobre os minerais críticos en Galicia, falou do Regulamento de Materias Primas Fundamentais da UE e dos cinco piares nos que se asenta:

  • Fixar prioridades de actuación claras.
  • Desenvolver as capacidades europeas, fortalecendo a nosa cadea de valor.
  • Mellorar a resiliencia.
  • Investir en investigación, innovación e capacidades no sector das materias primas.
  • Promover unha economía das materias primas fundamentais máis sostible e circular.

Todas estas medidas están enfocadas en mellorar a autonomía europea e avanzar na transición enerxética, obxectivo principal de Recursos de Galicia.