• Post Image

Misión: pór os recursos dos galegos ao servizo dos galegos

Outubro 8, 2024

“A comercializadora de RDG é un instrumento ao servizo da estratexia de Recursos de Galicia, que o que pretende é poñer os recursos dos galegos ao servizo dos galegos”. Así se expresou o noso conselleiro delegado, Emilio Bruquetas, durante unha entrevista con Paula Pájaro emitida por Cope Galicia este luns. “A comercializadora -abundou- o que fará é vender parte da enerxía que nós xeramos e xeraremos nun futuro cento por cento renovable, cento por cento galega, dunha maneira máis barata e máis verde”.

Bruquetas explicou que “nesta primeira fase enfocarémonos a dous públicos moi concretos: todos os cidadáns da contorna dos parques nos que nós participemos, que terán un desconto que estimamos no 50 % do prezo da enerxía sobre o que están a pagar hoxe, e doutra banda, sectores que non teñen accesible hoxe a enerxía prémium que si teñen ao alcance os grandes consumidores”. Desta segunda liña de traballo beneficiaranse, fundamentalmente, as pemes, as micropemes e os autónomos.

Ademais, Bruquetas lamentou a situación de bloqueo que atravesa a eólica en Galicia, pois está a impedir poñer ao dispor dos galegos importantes volumes de enerxía verde e barata. Así mesmo, imposibilita avanzar en autonomía enerxética á nosa comunidade, cuxa dependencia de fontes fósiles e importadas rolda o 70 % actualmente.

Podes escoitar a entrevista completa aquí: