O exemplo de Mondigo

Marzo 31, 2026

“Mondigo como exemplo” é o titular do artigo de Santiago Lago no que se destaca que a política de beneficios sociais impulsada por Recursos de Galicia debe ser o paradigma da nova eólica galega.

Lago enumera as vantaxes dos efectos positivos desta xestión: “Primeiro, descontos directos na factura da luz para a veciñanza dos parques, de xeito que quen convive con estas instalacións percibe un retorno concreto e inmediato. Segundo, as PEMES galegas van ter acceso a contratos de enerxía eléctrica a longo prazo coas vantaxes que ata agora parecían reservadas ás grandes compañías, facilitando o acceso a enerxía a prezos competitivos e estables. Terceiro, apertura da propiedade dos parques á participación directa dos concellos e, a máis longo prazo, a todos os galegos que de xeito particular queiran investir e aproveitar a oportunidade. Cuarto, un terzo dos dividendos que xere a sociedade irán nutrir as arcas da Xunta e, con elo, axudarán a financiar os servizos públicos de todos os galegos”.

Consulta o artigo completo na seguinte ligazón: https://acortar.link/tWmOvP