Converter recursos en valor para o territorio

Xuño 1, 2026

O noso conselleiro delegado, Emilio Bruquetas, participou no “Encontro de Entidades Comunitarias que traballan e impulsan a Transición Enerxética Comunitaria”  organizada polo Observatorio Eólico de Galicia na Universidade de Vigo.

Galicia conta con recursos naturais —vento, auga, sol—, con coñecemento, empresariado e con  comunidades locais con experiencia na xestión colectiva. A cuestión é como facemos que eses recursos estean ao servizo de Galicia?

Emilio Bruquetas explicou que “RDG nace para eso. Para que a enerxía que se produce aquí axude a descarbonizar, si; pero tamén a abaratar custos, a facer máis competitiva a industria, a fixar actividade, a crear oportunidades para pemes locais e a deixar beneficios verificables nas persoas e nas comunidades”.

Na súa intervención puxo en valor Mondigo Beneficia, o programa impulsado por Recursos de Galicia logo da compra do parque eólico de Mondigo na Mariña lucense, a través do que se bonifica a factura das persoas que viven nun perímetro de 1,8 quilómetros da instalación.