• Post Image

Entrevista a Emilio Bruquetas na TVG

Decembro 14, 2023

O noso conselleiro delegado foi entrevistado esta mañá por Almudena de Urzáiz no Bos Días, da Televisión de Galicia.

Emilio Bruquetas expuxo como Recursos de Galicia pode ser útil para descarbonizar a economía neste momento de emerxencia climática, para avanzar en autonomía enerxética, para favorecer prezos enerxéticos competitivos e para maximizar os beneficios no territorio e para as persoas.

Entre outras cousas, tamén falou do papel da Xunta de Galicia como garante do interese público e gabou o compromiso dos accionistas coa nosa terra.

Neste vídeo resumimos a súa intervención en 60 segundos.