• Post Image

O corazón en Galicia, os pés en 2024 e a cabeza en 2050

Maio 6, 2024

Recursos de Galicia é un proxecto pioneiro, flexible, inclusivo e de país, concibido para perdurar no tempo, para desenvolver todo tipo de tecnoloxías e para ir sumando pezas a un accionariado “que debe ser o máis representativo posible da sociedade galega”. Así o argumenta o noso conselleiro delegado, Emilio Bruquetas, nunha entrevista de Verónica Nuñez para El Progreso e Diario de Pontevedra.

Bruquetas explica como RDG abaratará a enerxía ás industrias estratéxicas e ás persoas residentes nas contornas dos parques eólicos e outras instalacións. “Se vemos unha Galicia descarbonizada en 2050, hai que ter en conta que máis do 70 % da enerxía que consumimos hoxe é importada e fósil. […] Recursos de Galicia quere participar en todas as iniciativas de xeración necesarias para ese 2050 descarbonizado. Temos o corazón en Galicia, os pés en 2024 e a cabeza en 2050”, engade.

Ademais, o noso CEO repasa a necesidade que ten Europa de avanzar en autonomía mineira e como RDG pode axudar a Galicia na obtención de materiais críticos como o cobre, o litio, o tántalo…

Podes ler toda a entrevista aquí.