Mondigo: enerxía que beneficia ao seu contorno

Abril 1, 2026

Na Radio Galega conversaron con Emilio Bruquetas sobre a compra do parque eólico de Mondigo e das accións que se están realizando no contorno da instalación.

O conselleiro delegado de RDG explicou que “Mondigo é o primeiro exemplo do que vimos facer; é o exemplo da nova eólica de Galicia, que se basea en catro piares: o primeiro é que teña beneficios directos para a veciñanza dos parques, o segundo é conseguir custos máis baixos da enerxía para a industria galega, o terceiro é abrir a propiedade dos parques aos concellos nos que están asentados e o cuarto é que todos os beneficios da enerxía repercutan en Galicia”.

Nun momento coma o actual, de movementos xeoestratéxicos relevantes con impacto directo na economía Bruquetas destacou que que “Galicia é unha das potencias renovables máis importantes de España, e iso ten que ser unha palanca de crecemento económico, de atracción de industria e de xeración de emprego, así como de creación dun entorno máis estable a longo prazo e menos exposto”.

Podes escoitar a entrevista completa premendo aquí.