A minería galega, clave para a transición verde

Xuño 11, 2025

O noso director de Minería, Carlos Martínez, participou no foro La Galicia que viene, organizada por Quincemil. Interviu nun coloquio sobre o potencial mineiro de Galicia moderado por Arturo Criado, subdirector de El Español-Invertia, xunto a José Manuel García, responsable de Aguas Minerais da Cámara Oficial Mineira de Galicia, e Pablo Núñez, director de Relacións Institucionais de Cobre San Rafael.

Carlos Martínez destacou o papel da Unión Europea no impulso dos minerais críticos como unha ferramenta imprescindible para a transición verde e a autonomía estratéxica. Lembrou a declaración de Von der Layen de setembro do 2022 cando adiantou que “o litio e as terras raras pronto serán máis importantes que o petróleo e o gas”.

Así mesmo, subliñou a necesidade de que o sector “poida traballar” e de que a sociedade “perciba ter unha actividade extractiva preto como algo positivo”.

Podes ver aquí a súa intervención completa: Aproveitar os recursos de Galicia