• Post Image

Verdor cinguido

Maio 28, 2024

Que porcentaxe da enerxía primaria en Galicia procede de fontes renovables? A cantas persoas emprega a minería na nosa comunidade autónoma? Cantas emisións de dióxido de carbono evitan anualmente os parques eólicos galegos…? En RDG decidimos saír á rúa para dar resposta a esas e outras preguntas. En definitiva, canto sabemos de recursos naturais?

Recentemente estreamos nos nosos perfís de Instagram e TikTok “Verdor cinguido”, un concurso cidadán que busca determinar como de formados estamos os galegos na posta en valor sostible do noso sol, o noso vento, a nosa auga e a nosa terra. As tres primeiras entregas xa están dispoñibles a través de ambas redes sociais. Cada luns iremos engadindo novos episodios.

Os participantes que acertan as cuestións formuladas están a recibir como premio as nosas botellas corporativas, elaboradas en aluminio reciclado. Nas próximas horas repartiremos unha remesa máis.

@recursosdegalicia