• Post Image

RDG, facilitador da necesaria transición

Maio 15, 2024

No espazo “Herrera en Cope en Galicia”, Paula Pájaro entrevistou esta semana ao noso conselleiro delegado. “Recursos de Galicia é un compañía singular que nace para descarbonizar a economía da comunidade, para avanzar en autonomía enerxética e para poñer a nosa riqueza natural ao servizo das persoas, do territorio e da industria de Galicia”, expuxo Emilio Bruquetas. Explicou tamén como a irrupción da empresa no mercado comportará un abaratamento na factura da luz.

“Aínda que xeramos moita enerxía eléctrica a partir de fontes renovables, o 75 % da enerxía primaria en Galicia segue procedendo de fontes que son fósiles, importadas, co cal temos un enorme reto por diante”, referiu Bruquetas, quen engadiu: “Ten Galicia os recursos para avanzar nesa necesaria autonomía enerxética? A resposta é si e RDG veu para ser un facilitador desa transición”.

Podes escoitar a entrevista, aquí: