• Post Image

A minería galega, clave na transición enerxética europea

Marzo 26, 2025

A Comisión Europea vén de anunciar os 47 proxectos estratéxicos chamados a facilitar o subministro de materias primas críticas en Europa. E Galicia está nesta selección!

A mina de Doade é unha das iniciativas escollidas, un exemplo de como se pode liderar dende aquí unha extracción sustentable de minerais esenciais para unha industria europea de futuro.

O litio, o cobre, o wolframio… son recursos imprescindibles para a descarbonización e a independencia tecnolóxica da UE e de todos eles temos dispoñibilidade aquí xa que #Galiciaéunhamina. Queda claro que a minería galega ten unha oportunidade única para xerar emprego, riqueza e avanzar cara un futuro máis verde.

En Recursos de Galicia traballamos no compromiso cunha minería responsable que redunde no  progreso, innovación e autonomía europea.

Artigo en La Voz de Galicia: https://goo.su/sQNU70

Artigo en Economía Digital: https://goo.su/00GUWiX