• Post Image

A ONU reclama máis plans climáticos

Abril 3, 2025

A Organización das Nacións Unidas (ONU) reclama, a través de seu secretario xeral, o despregamento de máis enerxía renovable para facer fronte ao quecemento do planeta. Nunha información de El País destácase o crecemento deste tipo de enerxías xa que en 2024 instaláronse un 15 % máis de eólica, hidráulica e fotovoltaica a nivel global.

Antonio Guterres, secretario xeral da ONU, anima aos gobernos a presentar novos plans climáticos “para cumprir e establecer unha visión coherente para unha transición verde xusta”.

En Galicia dous terzos da enerxía primaria aínda ten orixe fósil. RDG ten entre os seus obxectivos a posta en valor sostible dos recursos naturais para combater o cambio climático e maximizar o beneficio das renovables para a sociedade e as empresas.

Artigo en El País: https://acortar.link/DdQraw