Arranca o servizo de atención á cidadanía da contorna de Mondigo

Marzo 30, 2026

Recursos de Galicia comezou a atender de xeito directo e presencial á veciñanza dos concellos da área de influencia do programa Mondigo Beneficia: Trabada, Barreiros e Ribadeo. O persoal de RDG estivo esta mañá na Casa da Cultura de Trabada para asesorar e facilitar a tramitación dos descontos na factura da luz. Neste concello atenderase de novo os luns 6 e 13 de abril de 09:00 a 13:00 horas, e os días 20 e 27 de 10:00 a 12:00 horas.

Este servizo de atención tamén se prestará en Barreiros e Ribadeo en dependencias municipais.

En Barreiros estaremos nas antigas escolas unitarias de San Cosme os martes 31 de marzo, 7 e 14 de abril, de 09:00 a 13:00 horas, e os días 21 e 28 de abril de 09:00 a 11:00 horas.

No caso de Ribadeo, o asesoramento realizarase no Auditorio Hernán Naval os días 1, 8 e 15 de abril, de 09:00 a 13:00 horas, e os días 21 e 28 de abril de 11:00 a 13:00 horas.

A tramitación da bonificación tramítase na web rdgmondigo.gal, onde tamén se poden consultar os núcleos que están dentro da zona de influencia do programa de rebaixa do consumo eléctrico.